Tibet Libre

10 abr. 2008

Michael Jordan ``GOD´´

Michael Jeffrey Jordan alias "Air Jordan" e "His Royal Airness"

-Data de nacemento: 17 de febreio de 1963

-Altura: 198 cm

-Peso: 98 kg

-Posición na cancha: escolta

-Historial universitario: Jordan recibiu unha beca para xogar a baloncesto e licenciarse na Universidade de North Carolina onde se especializou en xeografía, aquí foi entrenado polo mítico Dean Smith. No seu primeiro ano foi nomeado mellor xogador de primeiro ano da temporada promediando 13,4 puntos por partido con un 53,4% de tiros de campo. Tras gañar o premio ao ellor xogador universitario do ano e o Premio John R. Wooden en 1984, preséntase ese mesmo ano, abandonando a universidade, ao Draft onde queda en 3º posicion por Chicago Bulls.

-Historial NBA: Jordan xa foi un éxito e unha sensación inmediata como rookie. No seu primeiro ano promediou unha media de 28,2 puntos por partido cun 51,5% en tiros de campo. Ese mesmo ano debutou no All Star Games no quinteto titular e levou o titulo ao rookie do ano e batindo o récord de máis puntos marcados por un rookie nun partido: 49 puntos. Ese ano entraron en playoffs, pero en primeira ronda contra Milwaukee Bucks.

Na segunda temporada Jordan tivo que se ausentar por unha lesión, aínda así os Bulls chegaron a playoffs contra Boston Celtics, pero perderon. Michael incorporouse na postemporada.

Na seguinte temporada, Jordan xa recuperado totalmente, tivo media de 37,1 puntos por partido convertíndose no único xogador a parte de Wilt Chamberlain en anotar máis de 3000 puntos nunha soa temporada.

No seguinte ano foi nomeado MVP da temporada e mellor defensor. Nesta temporada Jordan pasaría por primeira vez a primeira ronda de playoffs pero serían derrotados contra Detroit Pistons.

Na temporada 1990-91 Jordan estaba máis motivado que nunca despois da derrota ante os Pistóns. Ese ano gañou o seu 2º MVP. Os Bulls finalizaron en 1º lugar por primeira vez en 16 anos. Ese ano chegaron as finais de Playoffs pero foron derrotados ante Los Ángeles Lakers de Magic Johnson Jordan gañou o MVP das finais. O seguinte ano volveron a chegar ás finais esta vez contra Bird pero esta vez despois de 6 intensos partidos gañaron o anel.

O 6 de Octubre de 1993 Jordan retírase para xogar o béisbol. Eses dous anos seguintes os Bulls non facían nada comparado co que facían cando estaba Jordan. Regresa o 18 de marzo de 1995, como o dorsal 23 retirárase, xogou co 45, número co que xogara nos Barons. Nesta temporada os Bulls baten un record da NBA gañando 72 partidos e perdendo só 10, con Dennis Rodman chegaron a Playoffs e só perderon 3 partidos de 4 rondas eliminatorias.

Nas seguintes dúas temporadas Jordan conseguiría levar o seu equipo ás finais de playoffs e consegue o MVP das finais das dúas seguintes temporadas e os Bulls gañaron as finais de playoffs grazas a un "canastón" de Jordan que silenciaría a todo o Delta Center e sería a súa última canastra coa camiseta vermella.

Na dúas seguintes temporadas Jordan xogaría en Washington Wizards.
















No hay comentarios: