Tibet Libre

10 abr. 2008

Michael Jordan ``GOD´´

Michael Jeffrey Jordan alias "Air Jordan" e "His Royal Airness"

-Data de nacemento: 17 de febreio de 1963

-Altura: 198 cm

-Peso: 98 kg

-Posición na cancha: escolta

-Historial universitario: Jordan recibiu unha beca para xogar a baloncesto e licenciarse na Universidade de North Carolina onde se especializou en xeografía, aquí foi entrenado polo mítico Dean Smith. No seu primeiro ano foi nomeado mellor xogador de primeiro ano da temporada promediando 13,4 puntos por partido con un 53,4% de tiros de campo. Tras gañar o premio ao ellor xogador universitario do ano e o Premio John R. Wooden en 1984, preséntase ese mesmo ano, abandonando a universidade, ao Draft onde queda en 3º posicion por Chicago Bulls.

-Historial NBA: Jordan xa foi un éxito e unha sensación inmediata como rookie. No seu primeiro ano promediou unha media de 28,2 puntos por partido cun 51,5% en tiros de campo. Ese mesmo ano debutou no All Star Games no quinteto titular e levou o titulo ao rookie do ano e batindo o récord de máis puntos marcados por un rookie nun partido: 49 puntos. Ese ano entraron en playoffs, pero en primeira ronda contra Milwaukee Bucks.

Na segunda temporada Jordan tivo que se ausentar por unha lesión, aínda así os Bulls chegaron a playoffs contra Boston Celtics, pero perderon. Michael incorporouse na postemporada.

Na seguinte temporada, Jordan xa recuperado totalmente, tivo media de 37,1 puntos por partido convertíndose no único xogador a parte de Wilt Chamberlain en anotar máis de 3000 puntos nunha soa temporada.

No seguinte ano foi nomeado MVP da temporada e mellor defensor. Nesta temporada Jordan pasaría por primeira vez a primeira ronda de playoffs pero serían derrotados contra Detroit Pistons.

Na temporada 1990-91 Jordan estaba máis motivado que nunca despois da derrota ante os Pistóns. Ese ano gañou o seu 2º MVP. Os Bulls finalizaron en 1º lugar por primeira vez en 16 anos. Ese ano chegaron as finais de Playoffs pero foron derrotados ante Los Ángeles Lakers de Magic Johnson Jordan gañou o MVP das finais. O seguinte ano volveron a chegar ás finais esta vez contra Bird pero esta vez despois de 6 intensos partidos gañaron o anel.

O 6 de Octubre de 1993 Jordan retírase para xogar o béisbol. Eses dous anos seguintes os Bulls non facían nada comparado co que facían cando estaba Jordan. Regresa o 18 de marzo de 1995, como o dorsal 23 retirárase, xogou co 45, número co que xogara nos Barons. Nesta temporada os Bulls baten un record da NBA gañando 72 partidos e perdendo só 10, con Dennis Rodman chegaron a Playoffs e só perderon 3 partidos de 4 rondas eliminatorias.

Nas seguintes dúas temporadas Jordan conseguiría levar o seu equipo ás finais de playoffs e consegue o MVP das finais das dúas seguintes temporadas e os Bulls gañaron as finais de playoffs grazas a un "canastón" de Jordan que silenciaría a todo o Delta Center e sería a súa última canastra coa camiseta vermella.

Na dúas seguintes temporadas Jordan xogaría en Washington Wizards.
















28 feb. 2008

Larry Joe Bird

"Larry Legend" 2,06 m y 100 kg (Indiana EE.UU 1956)

Un dos mellores alas da historia, foi escollido polos Boston Celtics no Draft, equipo que coa súa presenza empezou a subir o seu rendemento. Foi elixido rooki do ano 1980.
Na súa segunda temporada os Celtics metéronse na final da NBA onde derrotaron aos Houston Rockets. Ese sería o primeiro dos tres títulos que Larry Bird conseguiría ao longo da súa carreira.
Foi durante toda a súa carreira un dos máximos competidores de Magic Johnson.
Foi 12 veces All Star, xogador máis valioso da NBA en 3 ocasións consecutivas, 9 veces mellor quinteto NBA e como non, elixido como un dos 50 mellores xogadores da historia.

25 feb. 2008

Clásicos da NBA

Durante as próximas semanas ímosvos falar dos mellores xogadores que pisaron canchas de NBA en todos os tempos: Michael Jordan, Magic Jhonson, Larry Bird, Wilt Chamberlain...
Que vos parece?

9 feb. 2008

Volvemos a "facer as Américas"

Durante unhas semanas mostrarémosvos as carreiras dos xogadores españois de baloncesto na NBA. Publicaremos, un a un, desde Pau Gasol (o primeiro en chegar á NBA) ata Juan Carlos Navarro (o último).

Pouco a pouco estes xogadores fóronse facendo un sitio nesta liga e estamos seguros que nun futuro poderemos ser máis e mellores na mellor liga de baloncesto do mundo.

7 feb. 2008

Pau Gasol "E.T."

-Data de nacemento: 6 de Xullo de 1980

-Altura: 215 cm

-Peso: 118 kg

-Posición na cancha: Ala-pivote

-Historial ACB: Na temporada 97-98 ingresa no FC Barcelona con 16 anos. Con este equipo proclámase Campión de España Junior. Na temporada 99-00 ingresa difinitivamente na liga ACB pero sin gozar de moito protagonismo. E na temporada 00-01 cando ten que sustituír a Rony Seikaly por unha lesión e é cando leva o seu equipo a gañar os playoffs da Liga ACB e a Copa do Rei de Málaga.

-Historial NBA: Pau foi escollido no posto número 3 por Atlanta Hawks no draft do 2001 pouco despois foi transpasado a Menphis. Os seus promedios na 1ª temporada foron: 17,6 puntos, 8,9 rebotes, 2,7 asistencias e 2,06 tapóns en 82 partidos, esta mesma temporada conseguiu o título ó Rookie do Ano e debutou no All Star no partido de Rookies vs Sophomores. Na 2ª temporada mellorou lixeiramente e o seu promedio foi: 19 puntos, 8.8 rebotes y 2.8 asistencias participou novamente no All Star no partido entre novatos e sophomores. Na temporada 2004-2005 se lle renovóuselle o contrato para os seguintes 7 anos por 70 millóns de dólares. Nesta temporada ten a súa primeira lesión grave, unha fascitis plantar que o obliga deixar de xogar durante 23 partidos. Na temporada 2005-2006 Gasol debutou no All Star ca conferencia Oeste sendo o máximo reboteador do partido (12 rebotes). Ese mesmo ano foi nomeado xogador da semana na Conferencia Oeste dúas veces. A seguinte temporada perdeuse os 23 primeiros partidos por unha lesión producida durante o mundial de Xapón, xogando contra Arxentina, pero regresou coas pilas postas. Acabou a temporada con 20,8 puntos, 9,8 rebotes, 3,4 asistencias y 2,1 tapóns. Nesta temporada correu un rumor dun hipotético traspaso, o equipo que máis insistiu foi Chicago Bulls pero West pedía demasiado. Nesta última temporada os Menphis cambian de entrenador. O 1 de febreiro de 2008 e traspasado a Los Angeles Lakers a cambio de Kwame Brown, o rookie Javaris Crittenton, Aaron McKie, e además, os dereitos sobre o seu irmán Marc Gasol e dúas primeiras rondas do draft do 2008 y 2010.

29 ene. 2008

"Mr. Catering" Calderón

José Manuel Calderón Borrallo, alias Mr. Catering

-Data de nacemento: 28 setembro de 1981

-Altura: 191 cm

-Peso: 95 kg

-Posición na cancha: Base

-Historial da ACB: Debutou na ACB co Lucentum de Alicante, na temporada 2000/2001 este equipo ascendeu a ACB facendo debutar nesta categoría a Calderón. Conseguiu uns notables resultados, os que fixeron que o Fuenlabrada se interesara por el e o ficharan na temporada 2001/2002. Neste mesmo ano foi seleccionado para ir á selección absoluta.
Na temporada 2002/2003 fichou polo Tau Vitoria (equipo no que xa estivera en categorías inferiores).
No 2003/2004 consigue o seu primeiro título co TAU, a Copa do Rey, despois de consolidar unha excelente temporada. O 3 de agosto de 2005 ficha polos Toronto Raptors na NBA.

-Historial da NBA: Comenza cunha fenomenal temporada na NBA o que o conduciu a ser un dos favoritos para participar no partido de rookies.
Comeza a segunda temporada lesionado pero despois da súa recuperacón consegue roubarlle moitos minutos o base titular T.J Ford.
A chegada a Toronto Raptors de Jorge Garbajosa e o gran rendemento deste coma de Calderon converteunos nuns ídolos para a afición.
O 25 de Abril del 2007 fixo historia ao ser o primeiro español en conseguir gañar unha ronda de Play-Offs ante os New Jersey Nets.

17 ene. 2008

Sergio Rodrguez "El Chacho"

Sergio Rodríguez Gómez, alias: "El Chacho", "Salsa Mojo Picón" y "Spanish Chocolate".

-Data de nacemento: 12 de Xuño de 1986

-Altura: 191 cm

-Peso 77 kg

-Posición na cancha: Base

-Historial ACB: conseguiu o título de MVP no Campeonato Europeo Junior de 2004 celebrado en Zaragoza, onde conduciu á Selección española á medalla de ouro. Xogou no Club Baloncesto Estudiantes ata a temporada 2005-06, e ese mesmo ano foi nomeado "Xogador Revelación da Temporada".

-Historial NBA: Foi elixido na posición número 27 polo Draft da NBA do 2006
por Phoenix Suns, posteriormente transladado a Portland Trail Blazers (equipo actual). Na súa primeira temporada non tivo moitos minutos de xogo, aínda así os medios de comunicación locais de Portland e Oregón xa din que será unha peza importante para os Blazers nun futuro próximo.

29 nov. 2007

"multiusos" garbajosa

Jorge Garbajosa Chaparro, alias "multiusos garbajosa":

-Data de nacemento: 19 de decembro de 1977

-Altura: 206 cm

-Peso: 111 kg

-Posición na cancha: ala-Pivot

-Historial da ACB: Garbajosa logrou co Taugrés Vitoria o Campionato de España Junior, este foi o seu primer equipo. Botou catro anos en Italia e regresou a España fichando polo Unicaja de Malaga, onde gañou a copa do rei o primeiro ano, e a liga o segundo, culminando así unha boa etapa neste equipo e fichando polos Toronto Raptors na NBA


-Historial na NBA:Cuarto xogador español en chegar á NBA. Actualmente é xogador de Toronto Raptors, onde tamén xoga José Manuel Calderón. Na súa primeira temporada na NBA foi elixido séptimo mellor rooky do ano. No ano 2007, sufriu unha grave lesión que lle fixo estar retirado seis meses das canchas e perigar a súa presenza na eurocopa, finalmente puido xogar.