Tibet Libre

28 feb 2008

Larry Joe Bird

"Larry Legend" 2,06 m y 100 kg (Indiana EE.UU 1956)

Un dos mellores alas da historia, foi escollido polos Boston Celtics no Draft, equipo que coa súa presenza empezou a subir o seu rendemento. Foi elixido rooki do ano 1980.
Na súa segunda temporada os Celtics metéronse na final da NBA onde derrotaron aos Houston Rockets. Ese sería o primeiro dos tres títulos que Larry Bird conseguiría ao longo da súa carreira.
Foi durante toda a súa carreira un dos máximos competidores de Magic Johnson.
Foi 12 veces All Star, xogador máis valioso da NBA en 3 ocasións consecutivas, 9 veces mellor quinteto NBA e como non, elixido como un dos 50 mellores xogadores da historia.

25 feb 2008

Clásicos da NBA

Durante as próximas semanas ímosvos falar dos mellores xogadores que pisaron canchas de NBA en todos os tempos: Michael Jordan, Magic Jhonson, Larry Bird, Wilt Chamberlain...
Que vos parece?

9 feb 2008

Volvemos a "facer as Américas"

Durante unhas semanas mostrarémosvos as carreiras dos xogadores españois de baloncesto na NBA. Publicaremos, un a un, desde Pau Gasol (o primeiro en chegar á NBA) ata Juan Carlos Navarro (o último).

Pouco a pouco estes xogadores fóronse facendo un sitio nesta liga e estamos seguros que nun futuro poderemos ser máis e mellores na mellor liga de baloncesto do mundo.

7 feb 2008

Pau Gasol "E.T."

-Data de nacemento: 6 de Xullo de 1980

-Altura: 215 cm

-Peso: 118 kg

-Posición na cancha: Ala-pivote

-Historial ACB: Na temporada 97-98 ingresa no FC Barcelona con 16 anos. Con este equipo proclámase Campión de España Junior. Na temporada 99-00 ingresa difinitivamente na liga ACB pero sin gozar de moito protagonismo. E na temporada 00-01 cando ten que sustituír a Rony Seikaly por unha lesión e é cando leva o seu equipo a gañar os playoffs da Liga ACB e a Copa do Rei de Málaga.

-Historial NBA: Pau foi escollido no posto número 3 por Atlanta Hawks no draft do 2001 pouco despois foi transpasado a Menphis. Os seus promedios na 1ª temporada foron: 17,6 puntos, 8,9 rebotes, 2,7 asistencias e 2,06 tapóns en 82 partidos, esta mesma temporada conseguiu o título ó Rookie do Ano e debutou no All Star no partido de Rookies vs Sophomores. Na 2ª temporada mellorou lixeiramente e o seu promedio foi: 19 puntos, 8.8 rebotes y 2.8 asistencias participou novamente no All Star no partido entre novatos e sophomores. Na temporada 2004-2005 se lle renovóuselle o contrato para os seguintes 7 anos por 70 millóns de dólares. Nesta temporada ten a súa primeira lesión grave, unha fascitis plantar que o obliga deixar de xogar durante 23 partidos. Na temporada 2005-2006 Gasol debutou no All Star ca conferencia Oeste sendo o máximo reboteador do partido (12 rebotes). Ese mesmo ano foi nomeado xogador da semana na Conferencia Oeste dúas veces. A seguinte temporada perdeuse os 23 primeiros partidos por unha lesión producida durante o mundial de Xapón, xogando contra Arxentina, pero regresou coas pilas postas. Acabou a temporada con 20,8 puntos, 9,8 rebotes, 3,4 asistencias y 2,1 tapóns. Nesta temporada correu un rumor dun hipotético traspaso, o equipo que máis insistiu foi Chicago Bulls pero West pedía demasiado. Nesta última temporada os Menphis cambian de entrenador. O 1 de febreiro de 2008 e traspasado a Los Angeles Lakers a cambio de Kwame Brown, o rookie Javaris Crittenton, Aaron McKie, e además, os dereitos sobre o seu irmán Marc Gasol e dúas primeiras rondas do draft do 2008 y 2010.